miércoles, 21 de diciembre de 2016

Proxecto 21 días co galego

Hoxe vos vou falar dun proxecto que atopei na rede e quería compartilo xa que me gustou a idea e a súa finalidade.
Este proxecto lévase a cabo polo EDLG do IES Pobra do Caramiñal e consiste en que os alumnos e profesores falen en galego durante 21 días. Para animalos, cada día tiñan un vídeo dun escritor/a, cantante, actor/actriz, xornalista...galego ou galega, como por exemplo Agustín Fernández Paz, Francisco Castro, María Canosa, Tati Moyano, Sés, María Reimóndez, Luís Tosar ou Xosé A. Touriñán. Nese vídeo principalmente lles afoutan no proxecto e a seguir falando en galego despois dos 21 días.

O proxecto naceu no ano 2013 e dende entón realízase todos os anos. Na última edición do 2016, tamén podemos ver nalgúns vídeos aos alumnos explicando a diferenza entre lingua minoritaria e minorizada, os prexuízos que hai, etc.

Paréceme moi importante levar a cabo proxectos coma este para fomentar o uso do galego e que lles animen a utilizalo, porque seguramente a moitos gustaríalles falar en galego, pero non o falan por medo a equivocarse, por prexuízos, ou porque nunca empregaron o galego no seu día a día e sería "raro" que falasen en galego. Non falando a lingua é como se perde, por iso é necesario combater contra os prexuízos, e proxectos coma este animan aos rapaces a empregar o galego e a eliminar os prexuízos.

Quixen compartir o proxecto neste blog para á asinatura de Novas Tecnoloxías porque considero que as TICs tiveron un papel moi importante detrás do proxecto. Primeiro, para contactar cos participantes do proxecto utlizouse o correo electrónico e o Facebook, e a mensaxe que reciben os alumnos e mediante vídeo. Despois, a difusión do proxecto foi mediante Youtube, un blog e redes sociais. As TICs ofrécennos unha chea de posibilidades para comunicarnos, compartir ideas, difundir proxectos e incluso colaborar a distancia, e este proxecto reflícteo moi ben.


Aquí vos deixo as canles de Youtube onde se subiron os proxectos.

martes, 18 de octubre de 2016

Toontastic

Ola! Onte traballamos coa app Toontastic na aula. Con ela os alumnos poden crear unha película ou un conto. É moi sinxela de empregar, seleccionas as personaxes, o escenario (pode ser fotografiado ou un da app) e podes mover aos protagonistas do conto mentras lles poñes voz. Tamén podes crear as túas propias personaxes e obxectos! Ao rematar a escena tes que escoller un sentimento (Alegría,enfado, tristeza...) e acorde co sentimento, a app dalle unha melodía á escena.
O uso que se lle pode dar a esta app é a creacción de contos ou películas de personaxes animados polos nenos, é moi fácil e divertida de empregar. Ao rematar, pódense compartir os contos creados por eles na rede e que chegue a máis xente, como por exemplo a outros docentes, e podan animarse a utilizar Toontastic!

A min encantoume esta app, a única desvantaxe é que so está dispoñible para Apple, pero espero que próximamente esté dispoñible para Android.

Este é un video creado con Toontastic por algunhas de nós na aula:

jueves, 13 de octubre de 2016

Chatterpix kid e tellagami

Hoxe empregamos na aula as apps Chatterpix kid e tellagami.

A app de chatterpix kid consiste en darlle voz ás fotos que sacas. Primeiro, sacas a fotografía ou a subes á app, logo trazas unha liña, que sería a boca, e finalmente gravas o que queres que diga. Tes a opción de engadirlle stickers á imaxe.
Paréceme unha app fácil de empregar polos nenos e divertida. Grazas á app poden facer falar a calquera obxecto como unha papeleira, unha boneca, unha árbore...

Tellagami é unha app na que creas a túa personaxe e gravas a voz, o curioso é que esa personaxe pode estar en calquera espazo que fotografíes. A app é fácil de usar e tes un tempo de 30 segundos para dicir o que queiras.

Personalmente creo que son unhas apps que se poden utilizar na aula cos nenos xa que son fáciles de empregar e dan moito xogo. Eu prefiro Chatterpix kid xa que se pode empregar con calquera motivo, por exemplo en outono coas follas, no nadal cos monecos de neve ou debuxos de Papá Noel...
O único inconviniente de ambas aplicacións é que so o hai dispoñible para Apple.

Aquí vos deixo un exemplo que fixemos na clase con Chatterpix:


lunes, 3 de octubre de 2016

Meu PLE

Ola! Aquí déixovos o meu PLE (Entorno personal de aprendizaxe), cos enlaces ás miñas redes sociais.