miércoles, 21 de diciembre de 2016

Proxecto 21 días co galego

Hoxe vos vou falar dun proxecto que atopei na rede e quería compartilo xa que me gustou a idea e a súa finalidade.
Este proxecto lévase a cabo polo EDLG do IES Pobra do Caramiñal e consiste en que os alumnos e profesores falen en galego durante 21 días. Para animalos, cada día tiñan un vídeo dun escritor/a, cantante, actor/actriz, xornalista...galego ou galega, como por exemplo Agustín Fernández Paz, Francisco Castro, María Canosa, Tati Moyano, Sés, María Reimóndez, Luís Tosar ou Xosé A. Touriñán. Nese vídeo principalmente lles afoutan no proxecto e a seguir falando en galego despois dos 21 días.

O proxecto naceu no ano 2013 e dende entón realízase todos os anos. Na última edición do 2016, tamén podemos ver nalgúns vídeos aos alumnos explicando a diferenza entre lingua minoritaria e minorizada, os prexuízos que hai, etc.

Paréceme moi importante levar a cabo proxectos coma este para fomentar o uso do galego e que lles animen a utilizalo, porque seguramente a moitos gustaríalles falar en galego, pero non o falan por medo a equivocarse, por prexuízos, ou porque nunca empregaron o galego no seu día a día e sería "raro" que falasen en galego. Non falando a lingua é como se perde, por iso é necesario combater contra os prexuízos, e proxectos coma este animan aos rapaces a empregar o galego e a eliminar os prexuízos.

Quixen compartir o proxecto neste blog para á asinatura de Novas Tecnoloxías porque considero que as TICs tiveron un papel moi importante detrás do proxecto. Primeiro, para contactar cos participantes do proxecto utlizouse o correo electrónico e o Facebook, e a mensaxe que reciben os alumnos e mediante vídeo. Despois, a difusión do proxecto foi mediante Youtube, un blog e redes sociais. As TICs ofrécennos unha chea de posibilidades para comunicarnos, compartir ideas, difundir proxectos e incluso colaborar a distancia, e este proxecto reflícteo moi ben.


Aquí vos deixo as canles de Youtube onde se subiron os proxectos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario